Máis de 1.200 delegados/as participan nunha asemblea e posterior manifestación polas rúas de Santiago
A Confederación Intersindical Galega concretou hoxe un novo calendario
de mobilizacións para rexeitar a política de recortes que está a aplicar
o PP na Galiza e no Estado español e para acumular forzas de cara a
unha nova folga xeral. A central nacionalista celebrou hoxe unha
asemblea nacional en Santiago de Compostela na que participaron máis de
1.200 delegados/as e que serviu para analizar o actual contexto da crise
económica. Ao remate do acto, no que tamén se debateu a resposta que
debe de dar ao sindicato aos ataques do capital, marchouse en
manifestación até San Caetano.
Para máis información preme AQUÍ: