4 de abr. de 2012

Méritos definitivos Directores de oficinas

 Correos publicou con data do 3 de Abril de 2012 os datos definitivos cos méritos dos participantes na convocatoria para a provisión de postos de traballo de Dirección de Oficinas, adscritos ao grupo profesional III: mandos intermedios.

Poderán consultar seus datos de maneira individual a través de Conecta ou dende a canle Persoas, no apartado convocatorias.

Os candidatos que superen esta primeira fase, realizarán a proba prevista para a valoración de coñecementos e competencias, o domingo 6 de maio de 2012

Correos publicará proximamente unha nota indicando os lugares de celebración da proba, horario e distribución dos por localidades.