PRODUCTVIDADE E REMUNERACIÓN:
Percibirase unha gratificación de 112,92€ polo conxunto da campaña de Nadal.
Os requisitos para poder cobrar esta gratificación son:
- Permanecer vinculado e en activo en correos de forma ininterrompida dende o 1 ao 31 de decembro.
- Ser persoal funcionario, laboral fixo (incluídos fixos descontinuos e fixos a tempo parcial) e persoal laboral temporal.
- Traballar nunha das seguintes áreas: reparto ordinaria, reparto urxente, clasificación de cartería, apartados, ruteros, persoal operativo dos centros e unidades de tratamento (admisión masiva, clasificación automática, manual, produtos rexistrados e carga e descarga), sala de aparatos, rurais A, condutores interzonais e intercentros, cambio de Madrid e Barcelona, persoal operativo das oficinas postais os xefes das unidades afectadas. Os rurais B e empregados/ás con xornadas a tempo parcial en proporción á súa xornada.
PENALIZACIÓNS:
Por inasistencia descontarase da gratificación:
- 1 día 13,93€
- 2 días 20,90€
- 3 días 20,90€
Máis de 3 días pérdese o dereito á percepción económica.
EXCEPTÚANSE DA PENALIZACIÓN:
- Os accidentes de traballo en novembro ou decembro, nacemento, acollemento e adopción dun fillo, violencia de xénero, falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata segundo grao.
- 2 días de permiso de asuntos particulares, A.P. por antigüidade ou días adicionais ás vacacións, a partir do día 10 de decembro tras garantir, en calquera caso, unha adecuada cobertura do servizo.
MEDIDAS ORGANIZATIVAS:
- Poderanse organizar e efectuar repartos puntuais fóra da xornada habitual.
- En admisión masiva, carga e descarga, salas de dirección e centros de tratamento poderase autorizar a realización de horas adicionais.
DÍAS 24 e 31:
Módulo de 94,39€ por traballador/día deberán prestar servizo o persoal mínimo imprescindible tanto en admisión e oficinas coma en tratamento e distribución.
DÍAS 25 DE DECEMBRO E 1 DE XANEIRO:
Por norma xeral, non traballará ninguén. O persoal dos centros de tratamento, que por quenda, traballe a noite do 25 ao 26 de decembro e do 1 ao 2 de xaneiro percibirá as horas adicionais de festivo. Os empregados que traballen estos días, corresponderalle a gratificación correspondente por cada un dos días traballados.
PAGAMENTO DA CAMPAÑA:
Correos comprométense a axilizar os trámites para que o seu pagamento se faga efectivo na nómina do mes de xaneiro de 2026.
LEMBRA: Disfrute de días de AP's ata o 31 de xaneiro 2026, no caso, de que foran denegados expesamente no ano 2025.
