🧾 PORTAL DE EMPREGO CUATRIMESTRAL
Paralelamente, Correos anunciou que porá en marcha un portal de emprego de carácter cuatrimestral, que servirá como ferramenta temporal para cubrir vacantes mentres se desenvolve o plan e se prepara a convocatoria pública de emprego.
Cada catro meses, o portal permitirá inscribirse, actualizar méritos e indicar preferencias de destino.
Os chamamentos realizaranse por esta orde:
- Persoal das Bolsas de Emprego actuais.
- Persoal que traballou anteriormente en Correos (idóneos).
🔹 Requisitos xerais:
- Ter 18 anos ou máis.
- Graduado escolar ou equivalente.
- Nacionalidade española ou permiso de traballo en vigor.
Correos confirmou que este portal non substituirá as bolsas de emprego vixentes, senón que funcionará como solución transitoria ata a creación das novas bolsas derivadas da futura convocatoria pública.

