5 de xuño de 2024

A CIG VOLVE A GAÑAR OUTRA DEMANDA CONTRA CORREOS POR CONCILIACIÓN FAMILIAR



O Xulgado do Social nº 1 de A Coruña ditou sentenza en contra da “SOCIEDAD ESTATAL DE CORREOS Y TELEGRAFOS S.A.” dando a razón á traballadora que defendía o seu lexitimo dereito á conciliación familiar. 

A denuncia foi presentada pola Asesoría Xurídica da CIG de A Coruña, logo da negativa de Correos de pactar no acto de conciliación celebrado no SMAC. 

A CIG defendeu, que a traballadora ten recoñecido no noso ordenamento laboral, o dereito a unha modificación do seu réxime horario, como concreta manifestación do seu dereito á Conciliación da vida familiar e laboral. 

A CIG levará ao Congreso dos Deputados e ó Senado esta problemática constante de denegacións por sistema das solicitudes de Conciliación Familiar e Laboral en total contradición coas políticas defendidas dende o Ministerio de Igualdade. O Sr. Caudillo parece esquecerse de que é un dereito dos/as traballadores/as. 


A CIG volve a demostrar que é o único sindicato 
que denuncia os atropelos da empresa 
aos dereitos dos traballadores/as.