1 de xuño de 2023

Programa formativo valorable para o concurso de méritos de Xefaturas de Equipo

 

Correos ofrece o programa de formación valorable no concurso de méritos para a provisión de postos de traballo vacantes de Xefaturas de Equipo, nos ámbitos de Distribución, Produtos e Servizos e Centros, composto por varios cursos sobre aplicacións corporativas e produtos.


O programa está integrado por diferentes accións formativas segundo as funcións para desempeñar. 

Os cursos que o compoñen son.

Común a todos os ámbitos:

Portfolio de produtos 2023

Produtos e Servizos:

CRM Oficinas

Distribución:

PDA Core MMII

Centros:

SGIE Centros Administrador

Os cursos actualizáronse en 2023, polo que todas as persoas solicitantes que queiran obter puntuación deberanos superar en 2023, aínda que os teñan superados en edicións anteriores.

A formación está dirixida a:

1. empregado ou empregada laboral fixo (grupo III e IV) ou funcionario/a (subgrupos C1, C2 e E).

2. activo na súa relación coa empresa, ao comenzo de cada unha das accións formativas que integran o programa.

3. Realizar a solicitude de participación no programa formativo correctamente.

A solicitude de inscrición:  Campus Virtual desde o 1 ao 7 de xuño ambos os incluídos. A formación desenvolverase durante os meses de xuño e xullo.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a solicitude de inscrición ou a realización da formación, as persoas solicitantes do programa deberán dirixirse por email ao Centro de Atención ao Estudante.

-------------------------------------------------------------------------------