14 de xuño de 2023

Circular Definitiva: Eleccións 23 Xullo 2023


Unha suba insuficente tal e como está o IPC.

CAMPAÑA ELECTORAL:

Comprende dende o día 7 de xullo ao 21 de xullo de 2023, ambos incluídos.


RETRIBUCIÓNS:

  • 0,065960 € ---> Envíos con dirección e Tarxetas do I.N.E.  
  • 0,027158 € ---> Envíos sen dirección.

Percibirase sempre que se garantan a distribución da totalidade dos restantes envíos non electorais.


ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN ELECTORAL NO DOMICILIO: 

Cando a entrega da documentación electoral se realice polo carteiro/a de forma persoal ao destinatario/a no domicilio segundo o estipulado na instrución de eleccións, a entrega se retribuirá con 0,6 euros por envío entregado e 0,4 euros por envío avisado.


GRATIFICACIÓN POLO PROCESO ELECTORAL 

Dirección de Oficinas:

Os empregados/as de oficinas, xefaturas de sector e xefaturas intermedias destas unidades, percibirán un bonus extraordinario de 121,97 euros polo conxunto do proceso electoral, sempre que, polo menos, realizáronse 15 días efectivos de traballo, de forma continua ou intermitente, entre o 30 de maio e o 23 de xullo. Ademais, recibirán unha contía de 3 €/día por día efectivo de traballo que supere os 15 días sinalados.

Inclúense tamén os empregados/as das oficinas satélites 1 (oficina informatizada atendida por un empregado/a de distribución) e oficinas auxiliares, que percibirán a contía indicada, de forma proporcional ao tempo de apertura da oficina, respecto á súa xornada habitual.  Alegación que aprobannos. Sí existen alternativas: CIG

Persoal USES, Centros de Tratamento.

As persoas de operativos, xefaturas de sector e xefaturas intermedias destas unidades percibirán un bonus extraordinario de 121,97 euros polo conxunto do proceso electoral, sempre que, polo menos, realizáronse 15 días efectivos de traballo, continuos ou intermitentes, entre o 30 de maio e o 23 de xullo. Ademais, recibirán unha contía de 2 €/día por día efectivo de traballo que supere os 15 días sinalados.

Resto de persoal

Os administrativos, técnicos, tecnoloxía, comerciais, limpadoras, xefaturas, etc., percibirán un bonus extraordinario de 60,98 € polo conxunto do proceso electoral, sempre que, polo menos, realizáronse 15 días efectivos de traballo, consecutivos ou intermitentes, entre o 30 de maio e o 23 de xullo. Ademais, recibirán unha contía de 1 €/día por día efectivo de traballo que supere os 15 días sinalados.


SISTEMAS DE DESCONTOS:

Só aplicarase un desconto de 8,13 € por día de inasistencia cando non se alcance o mínimo de 15 días efectivos de traballo establecido para a percepción do bonus base indicado.

A partir de acumular eses 15 días, incrementarase adicionalmente a base de cobranza de 1€, 2€, 3€ por día efectivo de traballo, segundo os criterios establecidos nos apartados anteriores.


VOTO POR CORREO E RECOLLIDA DO TERCEIRO SOBRE (23 de xullo)

Preferentemente fará este servizo o persoal afectado pola "Campaña"

Compensación: Horas Adicionais Extras festiva. Módulo mínimo de 3 horas

O Qm. a ós Rurais abonaráselles o 100% do complemento (combustible+amortización) Unha vez máis grazas a CIG


PROCURARAN PAGAR A CAMPAÑA COA NÓMINA DE AGOSTO.


NORMAS COMPLEMENTARIAS DE CARÁCTER XERAL

Respectarase o dereito ás vacacións a todo aquel persoal que as teña concedidas e facilitarase o cambio das vacacións e permisos ás persoas que o soliciten, cando os tivesen concedidos durante o período do proceso electoral, si así o solicitan.

No caso de que sexa necesario realizar repartos, apertura de oficinas ou tarefas complementarias, estes traballos retribuiranse con horas adicionais extras.


------------------------------------------------------

As nosas Redes Sociais: