- A CIG ante a demanda da nosa afiliación creou unha Plataforma propia de formación online de cara a preparar o exame para a Consolidación de emprego en Correos.
- A CIG NON FAI NEGOCIO COA TÚA FORMACIÓN e por iso busca as mellores condicións para os seus afiliados/as en calidade e prezo. Esta plataforma está dirixida por un profesor do Grupo B de Xestión de Correos con máis de 20 anos de experiencia dando clases.
Funcionamento da Plataforma de Formación da CIG-Correos:
- É preciso ser afiliado/a da CIG para inscribirse nas clases, xa que se utilizan recursos do sindicato.
- As clases comezaron no mes de febreiro de 2022, pero telas á túa disposición para velas cantas veces queiras, pois quedan gravadas. Ti pos o horario.
- As clases en directo impártense todos os xoves en horario de 17:00 horas a 20:00 horas a través da plataforma WEBEX (Aconsellamos descargar WEBEX nos vosos dispositivos). Lembra que se non podes asistir as clases quedan gravadas
- Existe a posibilidade de asistir presencialmente ao local da CIG soamente en Compostela.
- Temos temario propio totalmente actualizado, ofrecido gratuitamente aos estudantes, xunto co material de apoio ao estudo, que está dispoñible nunha conta de one-drive. Todo o material se irá actualizando a medida que se produzan novidades.
- Os/as afiliados/as interesados/as recibirán xunto coa ficha de inscrición un documento informativo e consentimento sobre a protección de datos e de imaxe que deberedes remitir asinado ou entregar persoalmente.
- Os/as interesados/as poderán realizar as solicitudes de inscrición: cigcorreosformacion2022@gmail.com
- Os prezo das clases será de 40 euros mensuais a ingresar segundo se indique e 40 euros de matrícula (queda en depósito e descontaráse do último mes do Curso).
- As comunicacións coa plataforma realizaránse a través de email e do grupo de Telegram especifico para a oposición.