Un ano máis Correos segue prexudicando ao persoal rural ao non poder pedir moitas das axudas de acción social debido a que se lles segue sumando como ingresos o que perciben pola achega de vehículo.
Ao igual que o ano pasado as solicitudes serán presentadas a través da Intranet en: Conecta/Canle Persoas/ Acción Social. É necesario cumprimentar un formulario en liña segundo a modalidade da axuda. Unha vez finalizado o citado formulario, este deberá, de acordo coa modalidade de axuda solicitada remitir a documentación requirida vía correo electrónico segundo a área Territorial ao que pertenza a persoa traballadora: Área Territorial de correos Noroeste:
accionsocial.noroeste@correos.com
AXUDAS |
PRAZO
INSTANCIAS |
PREVISIÓN
DO PAGO |
Estudo para fillos (libros e material escolar) |
Dende o 29 de xuño ata ó 14 de outubro |
Nómina decembro |
Estudos Universitarios (Persoal Laboral) |
Dende o 29 de xuño ata ó 14 de outubro |
Nómina decembro |
Tratamento da Saúde |
Dende o 29 de xuño ata ó 21 de setembro |
Nómina novembro / decembro |
Fillos con Discapacidade |
Dende o 29 de xuño ata ó 21 de setembro |
Nómina Novembro |
Educación Infantil |
Dende o 29 de xuño ata ó 21 de setembro |
Nómina novembro |
Anticipos sen Xuro |
Dende o 29 de xuño ata ó 21 de setembro |
Segundo Dispoñibilidade |
Falecemento (Perosoal Laboral) |
Dende o 29 de xuño ata ó 31 de decembro |
Cando se produza o feito |
Axudas ao Estudo para Fillos e Fillas
Axudas para fillos e fillas con discapacidade