Pode presentar a solicitude o Persoal Laboral a tempo completo que cumpra cos seguintes requisitos a 1 de xaneiro de 2022:
- Ter traballado nos últimos 6 anos en Correos.
- Ter 62 anos e 2 meses e un mínimo de 35 anos e 6 meses cotizados.
- Ter 63 anos e 4 meses e un mínimo de 33 anos cotizados.Se, se trata de empregados con discapacidade igual ou superior ao 33% a cotización sería de 25 anos.
Prazo presentación de Solicitudes:
Dende o 10 de xaneiro ao 21 de xaneiro ambos incluídos
O vindeiro día 10 de xaneiro estará dispoñible toda a documentación relativa á solicitude na intranet corporativa.
É conveniente que todos os interesados/as consulten as condicións e aclaren as súas dúbidas coa Seguridade Social.
A situación de xubilación parcial permite acceder a unha redución de xornada a través da formalización dun contrato a tempo parcial, compatible coa pensión recoñecida pola Seguridade Social proporcional á xornada de traballo.
- Redución de Jornada: 75% respecto da xornada completa dun traballador comparable.
- Prestación de Servicios: A xornada completa, de maneira acumulada, dende o inicio da xubilación parcial até completar o 25% das horas/días ata a xubilación definitiva.
- Posto de Traballo: O mesmo que desempeñaba no momento da solicitude.
- Retribución: A retribución mensual será proporcional ao tempo da xornada laboral do 25%. Esta retribución é compatible coa pensión que a Seguridade Social recoñeza ao traballador en concepto de xubilación parcial, do 75% da pensión recoñecida até chegar a idade ordinaria de xubilación.