A CIG presentará
denuncia contra Correos polos cambios nos porcentaxes no disfrute das vacacións
que están por debaixo do establecido no III Convenio Colectivo e por
condicionar o goce dos días de Asuntos Propios ao capricho da empresa.
Así queda establecido o calendario laboral para 2022:
XORNADA ORDINARIA: Será de 37,5
horas de media semanal, en cómputo trisemanal. Para o persoal en réxime de
especial dedicación será de 40 horas semanais. Cando se superen as 5 horas de
xornada diaria continuada, poderase gozar dunha pausa de vinte minutos, como
traballo efectivo.
INICIO XORNADA: Adaptarase en
cada centro ás necesidades operativas e de chegada das rutas. No ámbito de
distribución, con carácter xeral, non comezará antes das 7,30 horas da mañá de
luns a venres ata completar a xornada semanal de 37,5 horas.
SEMANA SANTA: Durante os días
festivos e o 16 de abril sábado santo prestará servizo o persoal mínimo
imprescindible que garanta o desenvolvemento da actividade da empresa. A
prestación de servizos ese día será retribuída coa compensación correspondente.
VACACIÓNS:Correos decide
unilateralmente cambiar os porcentaxes de goce das vacacións nos meses de xullo a setembro por debaixo do
establecido no III Convenio Colectivo e Acordo Xeral. Trasladamos o cale
DÍAS ADICIONAIS DE VACACIÓNS:
Uniranse ás vacacións. Se se gozan en dous períodos, a cada un deles
engadiranse os días hábiles correspondentes, procurando que a distribución sexa
equilibrada. Excepcionalmente, sempre
que as necesidades do servizo permítano, os días adicionais poderanse gozar sen
unir ás vacacións e en período distinto ao vacacional.
6 DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES MÁIS 2 DÍAS POR CAER EN
SÁBADO O 24 E 31 DE DECEMBRO TOTAL 8
DÍAS: Correos pretende condicionar o goce dos 6 días de
AP a que 3 días se desfruten no primeiro semestre e os 3 días restantes no
segundo semestre. Os días de AP poderanse
prorrogar ata o 31 de xaneiro de 2023 e os 2 días por caer en sábado el 24
y 31 de decembro poderanse gozar ate o 31 de marzo de 2023. Sempre e cando
exista denegación por escrito para ambos casos. Sempre que organizativamente
sexa compatible coas necesidades do servizo e cos recursos humanos dispoñibles,
poderanse acumular os días por asuntos particulares ás vacacións anuais.
DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES POR ANTIGÜEDAD (CANOSOS): Os días de 2022 poderanse gozar polo persoal funcionario ata o 31 de
decembro de 2022.
CAMPAÑA DE NADAL: Se concretará
no mes de outubro. O persoal operativo poderá gozar de ata dous días de permiso sen penalización, tras garantir unha adecuada
cobertura no servizo.
DÍAS 24 e 31 DE DECEMBRO: O
persoal que traballe os días 24 e 31 de decembro será o mínimo imprescindible.
O persoal que traballe eses días percibirán a gratificación correspondente por
cada un dos días traballados.
DÍAS 25 DE DECEMBRO e 1 DE XANEIRO: Como norma xeral non se prestará servizo eses días. Os empregados/as
dos centros de tratamento que traballen as noites dos días 25 ao 26 de decembro
e 1 ao 2 de xaneiro, realizarán as horas adicionais de festivo que sexan
necesarias.