Páxinas

22 de dec. de 2021

Calendario Laboral 2022

 

A CIG presentará denuncia contra Correos polos cambios nos porcentaxes no disfrute das vacacións que están por debaixo do establecido no III Convenio Colectivo e por condicionar o goce dos días de Asuntos Propios ao capricho da empresa.

Así queda establecido o calendario laboral para 2022:

XORNADA ORDINARIA: Será de 37,5 horas de media semanal, en cómputo trisemanal. Para o persoal en réxime de especial dedicación será de 40 horas semanais. Cando se superen as 5 horas de xornada diaria continuada, poderase gozar dunha pausa de vinte minutos, como traballo efectivo.

INICIO XORNADA: Adaptarase en cada centro ás necesidades operativas e de chegada das rutas. No ámbito de distribución, con carácter xeral, non comezará antes das 7,30 horas da mañá de luns a venres ata completar a xornada semanal de 37,5 horas.

SEMANA SANTA: Durante os días festivos e o 16 de abril sábado santo prestará servizo o persoal mínimo imprescindible que garanta o desenvolvemento da actividade da empresa. A prestación de servizos ese día será retribuída coa compensación correspondente. VACACIÓNS:Correos decide unilateralmente cambiar os porcentaxes de goce das vacacións  nos meses de xullo a setembro por debaixo do establecido no III Convenio Colectivo e Acordo Xeral. Trasladamos o cale

DÍAS ADICIONAIS DE VACACIÓNS: Uniranse ás vacacións. Se se gozan en dous períodos, a cada un deles engadiranse os días hábiles correspondentes, procurando que a distribución sexa equilibrada. Excepcionalmente, sempre que as necesidades do servizo permítano, os días adicionais poderanse gozar sen unir ás vacacións e en período distinto ao vacacional.

6 DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES MÁIS 2 DÍAS POR CAER EN SÁBADO  O 24 E 31 DE DECEMBRO TOTAL 8 DÍAS: Correos pretende condicionar o goce dos 6 días de AP a que 3 días se desfruten no primeiro semestre e os 3 días restantes no segundo semestre. Os días de AP poderanse prorrogar ata o 31 de xaneiro de 2023 e os 2 días por caer en sábado el 24 y 31 de decembro poderanse gozar ate o 31 de marzo de 2023. Sempre e cando exista denegación por escrito para ambos casos. Sempre que organizativamente sexa compatible coas necesidades do servizo e cos recursos humanos dispoñibles, poderanse acumular os días por asuntos particulares ás vacacións anuais.

DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES POR ANTIGÜEDAD (CANOSOS): Os días de 2022 poderanse gozar polo persoal funcionario ata o 31 de decembro de 2022.

CAMPAÑA DE NADAL: Se concretará no mes de outubro. O persoal operativo poderá gozar de ata dous días de permiso sen penalización, tras garantir unha adecuada cobertura no servizo.

DÍAS 24 e 31 DE DECEMBRO: O persoal que traballe os días 24 e 31 de decembro será o mínimo imprescindible. O persoal que traballe eses días percibirán a gratificación correspondente por cada un dos días traballados.

DÍAS 25 DE DECEMBRO e 1 DE XANEIRO: Como norma xeral non se prestará servizo eses días. Os empregados/as dos centros de tratamento que traballen as noites dos días 25 ao 26 de decembro e 1 ao 2 de xaneiro, realizarán as horas adicionais de festivo que sexan necesarias.