O 15 de setembro, celebrouse a reunión do Órgano de Selección na que se
acordou a publicación das respostas correctas dos cuestionarios A e B dos exames celebrados o pasado domingo día
12 de setembro. As plantillas de corrección estarán expostas nas sedes das
Unidades de Recursos Humanos, nas Direccións de Zona, na intranet e Web de
Correos (www.correos.com).
O Órgano de Selección decide a
anulación das seguintes preguntas:
Anulacións Reparto/axente
Correos anulou as preguntas 33 e 68
no Modelo A de Reparto/Axente, así como a 32 e a 68 no Modelo B
Anulacións ATC
Correos anula a pregunta 78 no
Modelo A e a 76 no Modelo B
Preguntas reserva
Desta maneira en reparto valoraranse
as preguntas de reserva 101 e 102 e en
ATC a 101.
Corrección Exames
Próxima reunión do Órgano de
Selección, na sede da empresa de seguridade encargada da entrega, recollida e
custodia dos exames para realizar as
seguintes tarefas:
·
Desprecintado e apertura das caixas que conteñen os
exames de cada unha das provincias (das aulas, así como das aulas de
incidencias), onde se celebrou exame o pasado día
·
Separación dos cuestionarios, por unha banda os tipo A e
por outro os tipo B
·
Separación ( guillotinado) das cabeceiras cos datos
persoais das respostas de exame.
·
Se procederá posteriormente á corrección dos exames sen
que, neles, figure ningún dato identificativo do candidato.
Exame Extraordinario
O Órgano de Selección unha vez
terminado o prazo para recibir as incidencias dos e as aspirantes que por
diferentes causas, excepcionais e xustificadas, non puideron realizar o exame o
pasado día 12 de setembro valorará a realización dun exame extraordinario para
estas persoas.
Cuestionario-REP-AXENTE-modelo-A
Cuestionario-REP-AXENTE-modelo-B
Respostas-correctas-Reparto-Axente