17 de set. de 2021

Información Urxente - Bolsas de Emprego

 

Paralización das Novas Bolsas de Emprego

Debido a un erro informático  Correos deixou fóra das Bolsas a un gran número de candidatos/as na listaxe definitiva das Bolsas  ao figurar como excluídos/as  por falta de titulación académica ou carné de conducir

A CIG dende o minuto un estivo en contacto coa empresa para buscar unha solución a este grave problema que afectaba a un cento de candidatos/as en Galicia.

Solución

Correos enviará un correo electrónico individual, que debería chegar esta fin de semana, a todas/as os afectados/as pola falta de titulación académica/permiso conducir.

Se abrirá un prazo desde o luns 20 de setembro, ao venres 25 de setembro ambos incluídos para que cada candidato poida volver achegar a información á dirección:

buzon_bolsas_documentacion@correos.com

 Indicando no asunto:  (nome do arquivo indicado no email que recibirán) o seu nome e apelidos e DNI. Os formatos nos que pode achegar a documentación son PDF,  JPG,  JPEG, RAR,  ZIP, DOC,  DOCX,  PNG.

Unha vez finalizado o proceso de valoración dos méritos, publicaranse os datos definitivos dos/as candidatos/as.

Inicio das Novas Bolsas

Xa non será o 1 de outubro, estaremos pendentes á nova data que indiquen despois da publicación dos datos definitivos.

Non decaerá ninguén

Permanecerán os 58.122 seleccionados nas Bolsas e non vai decaer ninguén. Todos os que, unha vez sumada a puntuación que agora lles falta, alcancen os puntos requiridos incorporaranse ás  Bolsas.

Para calquera aclaración ou dúbida ponte  en contacto cos teus delegados da CIG