Aberto o prazo de inscrición para optar a algunha dos 1.001 postos de traballo de xefaturas de equipo nas Áreas de actividade de Distribución, Oficinas e Centros Loxísticos.
PRAZO DE INSCRICIÓN
Dende o día 14 de Setembro ata o 22 de Setembro de 2021 a través de Conecta: canal Personas / apartado Convocatorias.
Ligazón: https://conecta.correos.es/
Bases:
Están convocadas 1.001 prazas de xefes de equipo en toda España: distribución (442 prazas), oficinas (372) e loxística (187). Pódese presentar o persoal funcionario e laboral fixo. Haberá dúas promocións
Promoción horizontal:
Para participantes que xa ocupan de forma definitiva xefaturas, non teñen que facer a proba de coñecementos e competencias, e cubriran con carácter previo os postos ofertados.
Promoción vertical:
Aparte do concurso de méritos terán que facer unha proba de coñecementos e aptitudes cuxa puntuación máxima será de 9 puntos (o mínimo para aprobar son 5) e competencias. Os inscritos poden acceder o contido de referencia da proba, ata o 30 de setembro.
Méritos ata 30-S:
Os méritos valoraranse ata o 30 de setembro.
Das 1.001 prazas
convocadas 424 son pola mañá, 399 pola
tarde, 107 itinerantes e 71 pola noite no ámbito de loxística.