6 de abr. de 2021

Publicados as Listaxes de Admitidos e Excluídos do proceso de Consolidación de Emprego 2019

 

Publicado a listaxe de admitidos/excluídos para o Exame de Ingreso 2019. 3.421 prazas para persoal operativo.

Accédese á páxina web de Correos:

https://www.correos.com/personas-y-talento/#convocatorias-publicas

Debes introducir o teu DNI e contrasinal que empregaches ao realizar a inscrición. E, se non a lembras, hai un apartado para solucionalo: lembrar contrasinal.

Na consulta visualízase:

· Datos persoais: nome e apelidos e DNI.

· Datos da solicitude: Localidade de exame, provincia elixida  e postos elixidos:

· Estado: admitido ou excluído co motivo da exclusión.

Pendente de validación:

Se estás nese estado é porque non autorizaches a Correos a consultar á DGT achega do permiso de circulación que se require para reparto motorizado. Podes corrixilo de 2 formas. Unha, autorizar a Correos e outra, achegar unha copia do permiso que non pode superar os 2  MB de tamaño.

Prazo de reclamacións do 6 ao 13 de abril ambos incluídos.

As reclamacións, remitiranse por correo electrónico a:

Ingreso.personal.laboral@correos.com, coa motivación necesaria e  achegando documentalmente o que proceda. 

Aínda non hai data de exame....todo dependerá da evolución da pandemia

Se queres máis información ponte en contacto coa xente da CIG