6 de abr. de 2021

Curso Formación Correos "Dixitalización III" 20 Mil Prazas

 

Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio da formación e que non realizaran e superaran con anterioridade a formación, nin coa empresa nin mediante organismos homologados para impartir formación da compañía.

Prazo de inscrición ate o 12 de abril

Inscrición: dende o campus virtual

http://formacion.correos.es/ 

Como inscribirte dende internet: unha vez que entras en formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".

O curso realizarase  on-line  dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso desenvolveranse durante os meses de abril e maio os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.

Unha vez realizada a solicitude, apareceran na pantalla os datos de contacto do solicitante do Campus Virtual, se non foran correctos, se recomenda actualizalos no apartado MI PERFIL da plataforma aceptando, si se desexa, a modalidade de citación por SMS.

Expediente Formativo

O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa e ademais recibirán unha compensación polo custo da conexión a internet.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.com