12 de nov. de 2020

Consolidación de Emprego mañá día 13 de novembro Xuntanza da Comisión de Emprego

 

Correos convocou para o venres, 13 de novembro unha reunión da que sairá a data de presentación de instancias así como o número e tipo de prazas por provincia correspondentes á convocatoria de ingreso de 2019 cun total de 3.421 prazas.

Correos remitiu un borrador de traballo para a xuntanza de mañá cos seguintes punto básicos:

Prazo de presentación de solicitudes do 18 ao 26 de novembro.

VALORACIÓN DE MÉRITOS: efectuarase a data 30 de novembro e no momento da inscrición non é necesario achegar documentación acreditativa de méritos (permisos de condución ou titulacións).

DEREITOS DE EXAME: o pago dunha taxa de 11,65 € para a proba selectiva dos postos de Reparto e Axente clasificador, e outra taxa de 11,65 € para a proba selectiva dos postos de Atención ao cliente. Estas taxas só poderán abonarse  online, utilizando tarxetas de crédito ou débito.

LOCALIDADES DE EXAME: son as determinadas na solicitude. Aínda que estas localidades seleccionadas quedarán suxeitas ao número de persoas rexistradas no proceso de selección e tendo en conta as medidas de seguridade e saúde establecidas que se determinen para paliar os efectos da  COVID.

No borrador remitido, 680 das 3.421 prazas son a tempo parcial (430 en  ATC e 250 en axente clasificación).

A CIG esixirá que se aumenten o número de prazas a ofertar en Galicia.

Achegamos o número provisional de prazas a ofertar en Galicia.

Anexo-Oferta-de-Postos-Ingreso-Persoal-Laboral-Indefinido-Provisional