O 8 de setembro tivo lugar a Xuntanza da Comisión de Emprego Estatal
para tratar as Bases para a apertura das Bolsas de emprego. Nesta reunión
Correos presentou un Borrador de Bases de Convocatoria inaceptable para a CIG:
Proposta de Correos no borrador
entregado ás OOSS:
·
Efectuar
recoñecemento médico a todos/as os aspirantes
a integrar as Bolsas.
·
Establecer
probas físicas obrigatorias a todos/as
os candidatos que pretendan acceder as bolsas de Reparto e Axente Clasificación.
·
Correos
pretende rexuvenecer o persoal das Bolsas, especialmente nos postos de Reparto
de paquetaría e Atención ao Cliente,
para o que propón que a antigüidade traballada puntúe menos.
·
Probas de
coñecemento de Inglés para os postos de Atención ao Cliente e Reparto (segundo
zona xeográfica). Así como probas especificas de aptitude para o posto de
Atención ao Cliente.
·
Valoración dos méritos: Que a antigüidade sexa
a menos valorada de tódolos méritos.
·
Será
valorado o haberse presentado ao exame de Consolidación de emprego, a
valoración realizarase en función do número de preguntas acertadas.
·
Que as
Xornadas se adapten ás necesidades de negocio que requiren os Clientes.
Valoración CIG:
Como primeira valoración podemos dicir que este Borrador presentado por
Correos demostra un profundo desprezo ao
persoal que na actualidade esta nas Bolsas, que en definitiva son os que están
sacando o traballo adiante.
A CIG presentará nos próximos días as alegacións pertinentes a este
Borrador que pretende eliminar a máis da metade do persoal que esta nas Bolsas
actualmente.
Como
punto final Correos informou na Mesa que a partir do 1 de outubro os contratos
de NOTIFICACIÓNS terán unha duración dun ano.