16 de xuño de 2017

Axudas Acción Social 2017

Hoxe 16 de xuño, publícanse a Convocatoria das Axudas de Acción Social de Correos para o ano 2017. Das propostas expostas pola CIG recolléronse, entre outras, as seguintes melloras:

INCLÚESE como beneficiario ao persoal eventual con dous anos de antigüidade no últimos seis anos, en todas as axudas.
ELÉVANSE a 25.000 os ingresos máximos dos posibles peticionarios de préstamos sen interese.
INCLÚENSE os orfos dos empregados falecidos en activo como beneficiarios das axudas para tratamentos da saúde.
INCLÚESE o cónxuxe nas modalidades de axudas para tratamentos da saúde.
ELIMÍNASE o gasto mínimo realizado para poder solicitar as axudas.

AXUDAS
PRAZO INSTANCIAS
PREVISIÓN DO PAGO
Estudo para fillos (libros e material escolar)
Dende o 16 de xuño ata ó 10 de outubro
Nómina decembro
Estudos Universitarios (Persoal Laboral)
Dende o 16 de xuño ata ó 10 de outubro
Nómina decembro
Tratamento da Saúde
Dende o 16 de xuño ata ó 18 de setembro
Nómina
novembro / decembro
Fillos con Discapacidade
Dende o 16 de xuño ata ó 18 de setembro
Nómina Novembro
Educación Infantil
Dende o 16 de xuño ata ó 18 de setembro
Nómina novembro
Anticipos sen Xuro
Dende o 16 de xuño ata ó 18 de setembro
Segundo Dispoñibilidade
Falecemento
(Perosoal Laboral)
Dende o 16 de xuño ata ó 31 de decembro
Cando se produza o feito 



















Se queredes consultar calquera dúbida sobre as convocatorias ou presentar a solicitude e non a atopades na intranet, poñédevos en contacto coa xente da CIG Correos.

Prema Aquí para acceder ás convocatorias. Conecta Correos