5 de xuño de 2017

200 novas motocicletas eléctricas para Correos


Correos incorporou 200 novas motocicletas eléctricas á súa flota de vehículos de repartición, que foron proporcionadas pola firma Silence e que supuxeron un investimento de 778.000 euros.

Correos suma un total de 546 vehículos eléctricos entre motos, coches e bicicletas, o que supón o 4,20 % da flota total de 13.000 vehículos de repartición con que conta a compañía. O ano pasado incorporou 100 motos eléctricas.

Desta flota, unhas 9.000 unidades son motocicletas, das que, á súa vez, tras este investimento, unhas 400 son de tracción eléctrica.
As 200 motos eléctricas son da marca Silence da empresa española Scutum, participada por Repsol e CaixaBank. 

As motocicletas contan con 100 quilómetros de autonomía (70 reais) e capacidade para circular a unha velocidade de ata 100 quilómetros por hora.

Así mesmo, dispoñen de iluminación de LED e poden cargar 175 quilos. Cárganse en seis horas.

Correos estima que estas motos permitiranlles aforrar 500 euros por cada 1.000 quilómetros en comparación coas motocicletas convencionais de combustión que teñen en flota.
A pesar de que as motos eléctricas non chegan ao 4,2% do total da flota, a intención de Correos é continuar apostando por estes vehículos máis sustentables.

Este é o segundo pedido que Correos fai a Scutum a quen comprou 100 motos eléctricas en 2016.

As 200 novas motos eléctricas repartiranse en unidades de distribución de Correos por diferentes puntos do territorio español:

25 en Madrid, 25 en Barcelona, 15 en Valencia, 15 en Málaga, 8 en Zaragoza, 15 en Sevilla, 8 en Vizcaya, 12 en Baleares, 6 en Tarragona, 13 na Coruña, 6 en Pontevedra, 6 en León, 6 en Valladolid, 20 en Alicante, 6 en Cádiz, 6 en San Sebastián, 6 en Cantabria e 2 na localidade de Valverde de Hierro (Tenerife). A entrega finalizará a finais de xuño.