Miúda capacidade negociadora dos sindicatos asinantes do Convenio e
Acordo Xeral, como se nota que o único que lles importa é o seu negocio de
academias. Dos temas importantes que incumbe a todo o colectivo de
traballadores nin piden solucións nin responsabilidades a Correos. Máis que
unha negociación empresa-sindicatos, parece unha reunión entre socios que o
único que miran é como sacarlle máis rendemento aos traballadores a cambio de
migallas.
Concurso de
Traslados:
Correos e os seus socios informan que a mediados do mes de marzo haberá
unha adxudicación do Concurso con data de toma de posesión o 1 de abril, iso se
Correos nin os seus socio explican porque tiveron o Concurso secuestrado dende
o mes de outubro. Tampouco aseguran que se adxudiquen tódalas vacantes e dicir
Correos sacará a que lles da a gana.
Notificacións:
Todo segue igual, aínda non atopan unha solución a pesares do tempo transcorrido.
Para o mes de abril ofertarán contratos ao persoal da bolsa que non teña
esgotados os períodos de contratación, a continuación ao persoal de bolsas
lindeiras, logo as persoas que se presentaron ao último exame de ingreso. A non
aceptación destes contratos non supoñerá decaemento da bolsa. A este respecto
temos que denunciar a opacidade que fai Correos cos chamamentos deste persoal.
A data de hoxe hai un total escurantismo sobre os criterios que segue a empresa
para seleccionar os traballadores que non figuran nas bolsas de emprego.
Consolidación de
emprego 2015:
Publicarán os listados definitivos de méritos a finais do mes de marzo, a
primeiros de abril e pretenden que o persoal que supere o proceso se incorpore
no mes de maio.
Consolidación de
emprego 2016-2017
De momento a realidade é que non hai nada de nada, o único que están a
facer os sindicatos asinantes sobre este tema é vender fume para encher as
clases e aumentar o seu negocio.
Quedaron sen tratar temas coma da apertura das Bolsas de contratación,
Promoción interna do persoal funcionario, negociación do IV Convenio e
Acordo Xeral
Cando vaian aos centros non te cales e esíxelles
explicacións a estes sindicatos de fácil firma que non se reprimen á hora de
mercadear os nosos dereitos coa empresa.