Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha
relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa
actividade ao inicio e durante a súa impartición.
Prazo
de inscrición do 23 de marzo ao 29 de marzo ambos incluídos
20.000 prazas e, unha vez cubertas estas, non é posible
inscribirse de aí que che recomendamos que se estás interesado que o fagas coa
maior celeridade posible.
Inscrición: dende conecta ou internet
Dende internet: http://formacion.correos.es/
Como inscribirte dende internet: unha vez que entras en
formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon
usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".
E por primeira vez a formación
poderá realizarse dende a app Correosplay, que estará proximamente dispoñible
para descargala dende appleStore (para dispositivos Apple) e PlayStore (para
dispositivos Android)
O curso terá unha duración
de 10 días, realizarase on-line dende
un ordenador, smartphone ou tablet alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso desenvolveranse durante os meses de abril e maio
os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as
dispoñibles.
Tras o proceso de inscrición, comunicarase por e-mail e SMS o comezo da formación. Recoméndase
revisar a dirección de correo persoal do apartado "a miña páxina" e
aceptar a modalidade de citación por SMS.
Expediente
Formativo: O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que
completen a acción formativa e ademais recibirán unha compensación polo custo
da conexión a internet.