CIGcorreos: Exame de Ingreso (ULTIMA HORA)
QUE HAI POUCAS PRAZAS ?
¡¡ TI NON PRECISAS MÁIS QUE UNHA!!
MOITO ÁNIMO E MOITA SORTE
LEMBRA:
- Tes que estar ás 9:00 horas na facultade que che corresponda, pois será cando se abran as aulas e comenzarán os chamamentos.
- Antes de saír da casa non esquenzas:
- Saír coa antelación suficiente para ir mais tranquilo e evitar posibles imprevistos.
- Documento acreditativo: DNI, Pasaporte, Carnet Conducir
- Un bolígrafo azul ou negro (Sede previsores e levade algún de reposto)
- É aconsellable levar impresa a asignación de onde tes que facer o exame (facultade e aula), podes consultala na px. web de Correos: preme AQUÍ
- Os listados cos opositores que se corresponden deben estar á entrada das facultades e máis de cada aula.
- O exame comenzará ás 10:00 horas
- Ten atento/a ás instruccións que vos leerán.
- Tes que agardar a que che manden abrir o exame e máis empezar.
- Non poderás abandonar a aula ata que pasen 45 minutos dende o comenzo nin despois que queden menos de 10 minutos para rematar.
- Se non te atopas nos listados ou tes calquera problema a pesar de ter todos os papeis, solicita facer o exame na aula de incidencias.
- No caso que non poidas acudir o exame, ponte en contacto connosco o luns a primeira hora porque hai 24 horas para achegar escrito dirixido ó Órgano de Seleción coa Xustificación da non asistencia e solicitando facer unha nova proba. Terán que comunicarche a resolución.