PRIMEIRA.-
Os sindicatos estatais convocaron concentracións, paros e mesmo folga para a defensa
do convenio colectivo, pero non escribiron nin unha soa carta para a defensa
dos dereitos dos funcionarios.
SEGUNDA.-
Os convenios colectivos non son de aplicación, nin en Correos nin en ningunha
outra administración ós funcionarios.
TERCEIRA.-
Os laborais seguen a estar en inferioridade de condicións cos funcionarios, sen
que isto se corrixa nos convenios colectivos nin haxa intención de facelo. Non
teñen días de antigüidade por trienios, non poden coller vacacións por días hábiles
e xubílanse 5 anos máis tarde como mínimo.
CUARTA.-
A pesares de que os sindicatos estatais o prometeron na firma do anterior
convenio, o persoal de ventanilla, Urxentes, Cta´s segue
sen librar os sábados, o peor é que tampouco entra dentro das reivindicacións
para os novos acordos.
QUINTA.-
A mesa de carburantes, para a actualización dos suplidos por aportación de vehículos
que figuraba no Acordo Xeral, non se reuniu nin unha soa vez, resultado non se
subiu nin un céntimo o combustible dos rurais.
SEXTA.-
A tan ansiada consolidación será precaria, coa maioría das prazas a tempo
parcial, e moitas menos das 6.000 anunciadas por algún sindicato.
SEPTIMA.-
Continúan en aumento os recargos sen que pareza que teñan fin.
OITABA.-Seguen
a tratar coma defraudadores ao persoal de baixa, sen que pareza preocuparlle a ninguén.
NOVENA.-
Despois dun ano de negociacións, nada se conseguiu para o persoal fixo.
E contra todo
isto que fan os sindicatos asinantes?
ofrécennos a falsa consolidación e xa todos temos que quedar contentos? Que lle
espera ao persoal fixo, tanto funcionarios coma laborais?