Neste artigo de prensa recóllese a crúa realidade á que nos abocaron e na que nos seguen metendo os gobernos pasados e actual por interese meramente mercantilista.
Para ollar esta nova preme AQUI
Correos onte.
Dentro dun Servicio Público, persoal con salario digno en constante crecemento dacordo coa subida do custo da vida e cunhas condicións de traballo e dereitos en continua melloría, cunhas cargas de traballo axeitadas que permitían a prestación dun servizo público de calidade valorado positivamente polos usuarios/as.
Correos hoxe.
¿Que gañamos? Unha S.A. con menos salario, menos dereitos, peores condicións laborais, persecución e penalización da enfermidade, pagar o combustible do noso peto, reduccións de persoal e falta de contratación...Si, temos máis carga de traballo por traballador/a, un futuro incerto e unha carga de estres insoportable para o corpo. Todo elo encamiñado a mellorar resultados cara á galería, que non se reflicten en melloras para o persoal nin tampouco na calidade do servizo.