7 de set. de 2015

CIGcorreos: O Goberno devolve parte do roubado?


Logo do Consello de Ministros do día 4 de setembro o Goberno anuncia a devolución de parte da paga extra de 2012 e o resto para o vindeiro ano 2016, a restitución da totalidade dos días de Asuntos Particulares e máis dos días Adicionais por Antigüidade.




O noso ministro, o ministro de Facenda e Administracións Públicas, o Sr. Montoro, parece que esta moi contento logo de tomar estas medidas, pensará que xa nos ten comprado o voto?
Que sepa que seguimos abertos a todo tipo de melloras, o do voto eso xa é outro cantar.




Paga Extra 2012:

O 26,23% (correspondente a 48 días) anuncia o Goberno que se aprobará o seu pago probablemente no Consello de Ministros do día 11 de setembro mediante Decreto Lei, logo de que solicitara un informe urxente do Consello de Estado. Esta parte da paga será abonada en nómina separada.
O resto da paga pendente de pago (o 48,77%), anuncia o Goberno que se ingresará durante o ano 2016. Esta medida debe estar incluída nos Orzamentos do Estado para 2016, aínda pendentes de aprobar.

Días de Asuntos Particulares:

No caso de Correos xa mantivemos estes 6 días, polo que o anuncio do Goberno de dar outro día máis para chegar ós seis a nós en Correos non nos afecta.

Días adicionais por Antigüidade:

Din dende o Goberno que van a restituír estes días. Na prensa caen en contradicións ó explicar os requisitos e máis o número de días. Por unha parte dín que serían 4: cada 5 anos, a partir dos 15 de antigüidade e por outro lado fan mención ó dereito que tiñamos antes de suprimilos: 2 ós 18 anos (6 trieneios), logo 1 máis a partir de cada trienio despois do 8º (24 anos).  Xa veremos como queda.

Estade atentos ó Consello de Ministros onde se aproben estas modificacións para ver todos os detalles. Pola nosa parte xa vos informaremos en canto teñamos noticia de calquera novidade.

O Goberno véndenos como favor a devolución de algo que é noso. Terá que ver esta actitude co feito de que veñen eleccións…? De cara as mesmas lembra o que es e o que lle debes a cada quen, pensa e logo vota a conciencia.