Parece ser que algúns sindicatos sen escrúpulos xa empezaron a campaña electoral ofertando Cursos Homologables e Formación para a consolidación de emprego xogando unha vez máis coas ilusións e aspiracións de moitos compañeiros/as eventuais dos que só buscan o seu voto como nas anteriores eleccións sindicais do 2011 nas que prometeron e xuraron que tiñan asinado con Correos 4500 prazas de novo ingreso e ao final non houbo nin unha, pero claro iso sóubose logo de encher as súas academias e de haber recadado o seu voto. Na xuntanza do 28 de xullo da Comisión de Formación só falouse da posibilidade dunha consolidación de emprego e subliñamos o de posibilidade porque sempre esta supeditada á aprobación da SEPI e do Goberno que non están pola labor, polo tanto temos que dicirvos que aínda non hai nada sobre consolidación de emprego. En todo caso nunha hipotética consolidación de emprego primeiro tería que negociarse as súas condicións por exemplo: Número de prazas divididas por tipos de contratos (fixos a tempo completo, fixos descontinuos, fixos tempo parcial e de fin de semana), tipo de exame: si será a nivel estatal ou por comunidades autónomas con puntuacións distintas (lembremos que no exame do 2004 en Madrid con 43 preguntas acertadas obtiveron prazas e en Galiza con 67 quedaron fora) etc.
En canto aos cursos
homologables e puntuables, Correos debe convocar a novas xuntanzas onde se
fixarán os criterios, contidos e número de horas para que os cursos impartidos
polos sindicatos sexan homologables, porque non todos os cursos que dan estes
sindicatos o son, só o son os que cumpren cos criterios fixados por Correos e
aínda non están fixados. É dicir non
hai nada en concreto sobre os cursos homologables.
A CIG informará ao persoal
puntualmente sobre calquera tipo de proceso de consolidación así coma dos
cursos que sexan puntuables pero cando haxa algo concreto sen mentiras, sen
especulacións e sen oportunismos electoralistas.