9 de xuño de 2015

CIGcorreos: Mochilas si; mais non a costa do reparto e con garantías.

CORREOS responde á denuncia da CIG cun artigo na Voz de Galicia onde se vende o producto sen ter en conta para nada as condicións negativas deste servizo.


Tras denuncia presentada por CIG nos medios de comunicación, Correos saca unha nota de prensa, o pasado domingo día 7 na Voz de Galicia, onde non se menciona o lado máis oscuro do servizo improvisado de transporte de mochilas de peregrinos que presta Correos.

A nota de prensa non di nada do reparto de mochilas que se lles encomenda a algúns carteiros rurais de carterias como son a de Betanzos, Teixeiro, Cee..., nas que o servizo se presta directamente polos propios carteiros rurais no seu coche particular.


Dende o sindicato CIG criticamos que algúns carteiros rurais teñan que deixar desatendido un servizo esencial para a comunidade, como é o reparto da correspondencia, para adicarse a andar carrexando mochilas dun lado a outro, tendo en conta:


  • Que as mochilas non se recollen nin se entregan baixo sinatura.
  • Que ditos bultos non pasan por ningún tipo de control de seguridade. A saber o que vai dentro...
  • Que en caso de que falte algo da mochila, ou incluso a propia mochila, o carteiro pode incurrir en responsabilidades.
  • Que as mochilas non cumplen cós límites de peso, e resto de condicións que se lle impón a outros envíos postais.
  • Que os coches particulares non están preparados para transportar este tipo de cargas (ás veces levan ata 7 mochilas xuntas), poidendo ser sancionados os seus condutores.

.
Dende CIG consideramos positivo que se busquen outras vías de negocio, pero esiximos que antes de poñelas en práctica se estuden os medios materiais e humanos cós que se conta, así como as repercusións que estes novos negocios poidan ter, sobre todo para a seguridade e saúde dos traballadores.


Neste sentido, solicitamos que este servizo se preste mediante a dotación de furgonetas de Correos e que se contrate a persoal que traballe en esclusiva na recollida e reparto de mochilas.


Para ollar nota de prensa da CIG denunciando as irregularidades que se dan na prestación deste servizo preme AQUÍ

Para ver o artigo propagandistico na prensa preme AQUÍ