28 de abr. de 2015

Mobilizacións e Folgas para os meses de Abril e Maio




A CIG felicita aos sindicatos asinantes do Convenio e Acordo Xeral (CCOO, CSIF, UGT e S.L.) por darse de conta aínda que sexa por mor dunhas vindeiras eleccións sindicais e dunha baixada de afiliación,  que Correos destruíu 14 mil postos de traballo en pouco máis de 4 anos, que a contratación nin se ole e que os recargos  institucionalizáronse.

Agora  ben, botamos en falta un pouco de humildade e de autocrítica porque Correos non fixo só este proceso de eliminación de postos e de  empeoramento das condicións de traballo. Isto tamén é grazas á firma duns Convenios e Acordos que lle deixaron as mans libres á empresa para que faga o que queira, converténdose en cómplices necesarios. Esperemos lles sirva de experiencia a estes sindicalistas de fácil firma e de estómagos agradecidos, que hai cousas que non se poden asinar e consentir OS DEREITOS DOS TRABALLADORES NON ESTÁN EN VENDA.

Motivos sobran para convocar unha Folga pero esta debe ser convocada dende a unidade sindical e coa firme convicción de recuperar os dereitos perdidos e non para facer ningún paripé, por iso preguntámonos:
Porque na vez de promover un calendario de folgas e paros  para desatascar a negociación do Convenio???  Non se convoca unha folga indefinida para que se aplique o EBEP a todo o persoal e así o persoal laboral poida recuperar a súa condición de empregado público que lle foi roubada grazas á sinatura do primeiro Convenio e se equiparen os nosos dereitos cos do resto dos empregados públicos. E por outra banda débese forzar a convocatoria  da Mesa Sectorial para abrir a negociación do persoal funcionario.
Porque estes sindicatos nin buscan nin queren a unidade sindical pois non falaron co restos de forzas sindicais (CIG, CGT, ELA, LAB, Intersindical Canaria, Solidaridad Postal, etc) ????  Será porque en realidade non buscan recuperar dereitos se non un lavado de cara para as eleccións sindicais??? e ademais non vaia ser que as nosas reivindicacións poidan molestar a papá Correos.