24 de mar. de 2015

CIG Correos (NOVIDADES DE CORREOS)

Nóminas de Febreiro (Enrevesadas)

Meteron informacións engadidas nesta nómina de febreiro que nos complicaron a comprensión das mesmas a todos. En principio as cantidades a percibir están ben. Lembrade que coa nómina de marzo temos que cobrar por duplicado o Complemento de Producción e Asistencia (o dos meses de febreiro e marzo).
Por outro lado ó persoal laboral modificáronlle nas nominillas a data de inicio de contrato a moitos deles. Segundo a información que temos eso non o poden facer. Imos pedir explicacións e esixir que rectifiquen eses datos poñendo os verdadeiros. De non ser así denunciaremos estes feitos.

Competencia non acepta as contas presentadas por Correos

A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) obriga a Correos a reformular as contas dos exercicios dos anos 2011 e 2012 e devólvelle a do 2013. Rechaza o modelo de contabilidade analítica presentado por Correos porque consideran que esta feito para impedir que poidan cumprir coas súas funcións reguladoras dentro do mercado postal.

Para máis información: Preme AQUI

O Deutsche valora vender o seu banco en España

Nos próximos días o Consello de Administración do Deutsche Bank decidirá se se desfán dos negocios minoristas que teñen fora de Alemania entre os que se atoparía a filial española e BanCorreos.

Para máis información: Preme AQUI

O Partido Popular propón que as empresas da SEPI patrocinen as seleccións españolas, como fai Correos co balonmano.

Como nos sobran cartos en Correos, pois vamos a seguir poñendo un montón de diñeiro para patrocinar ás seleccións. Vergoña lles tiña que dar cando reducen postos de traballo, deixan de contratar para suplencias e todo coa xustificación de que non hai diñeiro para elo, facendo recargar zonas e obrigando ó persoal a facer as funcións e traballos dos que faltan ou desaparecen. E agora queren institucionalizar e casi obrigar estes patrocinios dende o goberno do PP.

Para máis información: Preme AQUI

Outro paso mais na instalación de buzóns comunitarios nas urbanizacións.

Desta vez en colaboración co concello de Calp están implantando este tipo de buzóns. Tan só lles costa os residentes a cantidade de 150 € (Case nada). Menos traballo, sí, pero tamén menos carteiros e os veciños tendo que pagar por recibir un servizo que dista de ter a calidade do reparto domiciliario.

Para máis información: Preme AQUI