A CIG ven denunciando dende fai tempo que o futuro de
MUFACE está en perigo e o concerto para o ano 2015 asinado polo Ministerio de
Facenda e as entidades aseguradoras para a prestación sanitaria dos
funcionarios así o corrobora, pois o concerto para este ano esta seriamente
afectado polos recortes en hospitais, clínicas e cadros médicos.
Segundo o Director Xeral de MUFACE a carteira básica de
servizos asistenciais vaise a manter nas mesmas condicións e coa mesma calidade
para o ano 2015. Sen embargo dende a CIG dicimos que isto é insuficiente e que
o Goberno do PP ten que tomar unha determinación inmediata ao respecto do
futuro desta entidade. Os funcionarios vemos como ano tras ano as prestacións
de MUFACE vense recortadas (eliminación axuda para adquisición de vivenda,
baixada dos subsidios de xubilación e defunción, copago dalgunhas medicinas
hospitalarias, eliminación da carteira de servizos de reprodución asistida, a
baixada nos importes das contías por prestación complementaria para material
ortoprotésico, dentarias, oculares e un longo etc.) lembremos ademais que
MUFACE necesitou dun adianto orzamentario para facer fronte aos pagos de
farmacia e incapacidade temporal, porque as súas contas estaban en números
vermellos.
O Concerto para o ano foi asinado coas seguintes entidades
sanitarias:
Ø ASISA
Ø SECURCAIXA-ADESLAS
Ø DKV SEGUROS
Ø IMQ DE CANTABRIA
Ø Sistema Nacional de Saúde INS
Calquera mutualista ou beneficiario de MUFACE pode
solicitar o cambio a calquera das entidades
concertadas por unha soa vez durante o mes de xaneiro.