Produtividade e remuneración para a campaña de Nadal
Percibirase unha gratificación de 95,08 € ( nin un céntimo de subida con respecto da
do 2013) polo conxunto da campaña de Nadal.
Os requisitos para poder cobrar esta gratificación son:
Permanecer
vinculado e en activo en correos de forma ininterrompida dende o 1 ao 31 de
decembro.
Ser
persoal funcionario, laboral fixo (incluídos fixos descontinuos e fixos a tempo
parcial) e persoal eventual, excluíndose os contratos por circunstancias da produción
realizados para atender a propia campaña.
Traballar
nunha das seguintes áreas: repartición ordinaria, repartición urxente,
clasificación de cartería, apartados, ruteiros, persoal operativo dos centros e
unidades de tratamento (admisión masiva, clasificación automática, manual,
produtos rexistrados e carga e descarga), sala de aparatos, rurais A,
condutores interzonais e intercentros, cambio de Madrid, persoal operativo das
oficinas postais os xefes das unidades afectadas. Os rurais B e empregados/ás
con xornadas a tempo parcial en proporción á súa xornada.
Penalizacións:
Por inasistencia descontarase da gratificación, o primeiro día 12,02 €, o segundo
e o terceiro 18,03 €. con máis de
tres días pérdese o dereito á percepción económica.
Exceptúanse da penalización:
Os
accidentes de traballo en novembro ou decembro, nacemento, acollemento e
adopción dun fillo, falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata segundo
grao.
Dous días de permiso a elixir entre os días
1 e 14 e outro día do 15 ata fin de mes.
Só abrirán as oficinas de centros
comerciais, e en grandes poboacións poderase proceder a aperturas puntuais con
horario de sábado.
Días 25 de decembro e 1 de xaneiro:
Non traballará ninguén. o persoal dos
centros de tratamento, que por quenda, traballe a noite do 25 ao 26 de decembro
e do 1 ao 2 de xaneiro percibirá as horas adicionais de festivo.
Pagamento da campaña: correos comprométense a axilizar os
trámites para que o seu pagamento se faga efectivo a finais de xaneiro.