29 de out. de 2014

3ª Xuntanza da mesa negociadora do IV Convenio e Acordo Xeral


O 27 de outubro celebrouse a terceira xuntanza da Comisión negociadora do IV Convenio Colectivo e Acordo Xeral. Correos non presentou ningún borrador simplemente fixo entrega dunhas propostas en materia de negociación e dun calendario parcial de negociación ate o mes de decembro.

PROPOSTAS QUE PRESENTOU CORREOS:

  • Flexibilizar as funcións dos postos de atención ao cliente, reparto e xefaturas de equipo en aras dunha maior polivalencia (mozo para todo) 
  •  Eliminación das compensacións económicas nas mobilidades funcionais e xeográficas. (non pagar nada si te moven da túa oficina ou do teu posto).
  • Mellorar o sistema de selección do persoal de atención ao cliente (elixilos a dedo)
  • Reducir a tres as adxudicacións do Concurso Permanente de Traslados.
  • Potenciar os contratos a tempo parcial e en prácticas.
  • Potenciar a xornada partida e garantir os servizos dos días 24 e 31 de decembro.
  • Axustar os permisos ao contemplado no ámbito da Función Pública e Estatuto dos Traballadores (Función Pública 5 días de A.P. e non teñen días adicionais de vacacións por antigüidade, etc.)
  • Reducir os permisos por enfermidade familiar incluíndo como condicionante os famosos desprazamentos.
  • Aplicar os descontos que teñen os funcionarios por enfermidade ao persoal laboral.


CALENDARIO DA NEGOCIACIÓN:

  1. Igualdade.
  2. Suspensión e extinción de contratos. Réxime disciplinario.
  3. Organización do Traballo. Clasificación Profesional.
  4. Provisión do tempo de traballo. Acción Social. Formación e prevención de riscos laborais.
  5. Ordenación do tempo de traballo.
Estes son os contidos que Correos esta disposto a tratar nas videiras xuntanzas que serían cada 15 días ata decembro.

Valoración da CIG:

¡¡¡ISTO APESTA A LAVADO DE CARA DOS SINDICATOS ASINANTES COA COMPLICIDADE DE CORREOS!!!

É como vivir un DEJA VU cada vez que se negocia un novo Convenio e se aproximan as eleccións sindicais renacen estes sindicatos que estiveron caladiños como mansos cordeiros e sen embargo agora que se aproximan as eleccións sindicais de pronto entralles a tolemia e queren queimar todo, queren mobilizacións e incluso folgas …. Aos asinantes CCOO, CSIF, UGT e S.L. entroulles a hiperactividade sindical e Correos síguelles o xogo poñendo propostas enriba da mesa que saben perfectamente que non van a sacar adiante pero poñenas para que estes sindicatos teñan algo que vender de cara aos traballadores cando asinen porque ninguén o dubide, por moito que falen o digan van asinar e terminarán  vendendo os nosos dereitos coma sempre.

Por exemplo lembremos a estratexia de CCOO na anterior sinatura do Convenio que foran coincidente cas eleccións sindicais.

  • Panfletos incendiarios contra Correos por non negociar e cando negociaron porque propoñían grandes recortes.
  • Encerros fotográficos na sede de Correos e tamén no despacho do subsecretario de Fomento (agora tocará na SEPI)
  • Manifestacións paripé e folga (está vez como non teñen moita imaxinación teñen programado facer o mesmo)

E despois de todo isto asinaron mentindo a todos, como cas 4.500 prazas que ían crear, a redución dos descontos por estar de baixa, a suba do carburante etc. etc.
¡¡¡De nós depende non deixarnos enganar máis por estes mentireiros!!!