25 de set. de 2014

2ª XUNTANZA DA COMISIÓN NEGOCIADORA DO IV CONVENIO E ACORDO XERAL


A CIG denuncia a nula intención de Correos de negociar o IV Convenio Colectivo do persoal laboral e o Acordo Xeral para o persoal funcionario.

Despois de once meses dende a denuncia do III Convenio Colectivo só houbo dúas reunións  a primeira o 26 de febreiro e a seguinte despois de sete meses o pasado día 18 de setembro na que Correos xustificou a dilatación do proceso  nas  dificultades da negociación ao ter que intervir a Comisión da Comisión Delegada para Asuntos Económicos do Goberno creada para supervisar os Convenios de todas Empresas Públicas e a  SEPI como propietaria de Correos. Nos entendemos que non son mais que escusas baratas pois Correos é unha Sociedade Anónima con capacidade e autonomía para negociar cos traballadores.

Iso si, na reunión Correos deixou claro que non podía haber unha suba no salario e ameazou con rematar coa ultractividade do Convenio o que deixaría a mercé de Correos o poder aplicar a reforma laboral. O único compromiso que asumiu Correos foi o de elaborar un calendario de negociación.

Pero non era que, España vai ben ??????

Que Correos ten beneficios ??????

De vergoña para Correos e o goberno do PP os traballadores non merecemos unha suba dos nosos soldos mentres os políticos rouban a mans cheas e teñen contas en paraísos fiscais.      

É para mexar e non botar gota