Comunícanos #Correos que houbo un erro ao realizar os
certificados de retención do irpf
de 2013 do persoal funcionario; ao que lle foi devolto, na nómina de
abril de 2013 as cotas de Muface
e dereitos pasivos extra que se lles descontou durante o segundo
semestre de 2012.
Para emendar o erro vanse xerar de novos os certificados de
retencións dos funcionarios e faranse chegar a semana que vén a cada
funcionario antes de que comece a campaña de presentación da declaración da
renda. Co novo certificado o interesado recibirá unha nota explicativa sobre a
rectificación.
#correostodos