28 de out. de 2013

Correos reduce a sua plantilla en Galicia en 400 empregados nos dous últimos anos


A caída do negocio postal debido á crise, a maior implantación do correo electrónico e a necesidade de axustar o presuposto á baixo están a provocar que Correos, a maior empresa e empregadora do sector público de España, estean a reducir o seu equipo nos últimos anos.


A compañía, segundo destacan todos os sindicatos, non realiza despedimentos, senón que non cobre as vacantes por xubilacións ou concursos nin as baixas por enfermidade, e ademais traslada os funcionarios de Correos a outros ministerios.



Como consecuencia, o equipo en Galicia diminuíu en máis de 400 persoas nos últimos dous anos. Pasou de 4.000 a 3.600.

Este ano, ata agora," xa levamos máis de 200 baixas, polo que o número será aínda maior cando remate o ano, recoñece Miguel Ramudo, secretario de organización de CIG Correos. "Con estas baixas quédanse sen cubrir as necesidades básicas para o desempeño eficiente e normal do servizo postal", confirma Ramudo.

Ramudo denuncia que "este pasado verán, como media, de cada tres traballadores de Correos que gozaban das vacacións tan só se substituíu a un deles". As consecuencias foron "as chapuzas organizativas ás que se viron obrigados a recorrer algúns xefes de unidades aos que non lles autorizaron a contratación que necesitaban, facéndoos rotar aos traballadores por zonas e barrios que descoñecían, ademais de ter que levar as súas zonas, o que lles resultaba imposible facer a repartición completa,". Segundo o representante da CIG, durante o verán houbo zonas, sobre todo do rural, que estiveron sen a repartición da correspondencia máis dunha semana. Os sindicatos explican que as consecuencias destes "dimensionamentos" das oficinas son unha maior carga de traballo e un aumento do atraso nas entregas das cartas.

Se queres ler a nota de prensa enteira prema AQUÍ