26 de mar. de 2013

Funcionarios/as de Correos: DESCONTOS POR INCAPACIDADE TEMPORAL (BAIXA)






APLICARANOS DENDE O  DIA 1 DE ABRIL DE 2013

  • Correos non quere recoñecer as ausencias xustificadas de ata 3 días de duración por motivo de enfermidade ou accidente que non den lugar a incapacidade temporal. 
  • Correos aplicará estes descontos xa dende o primeiro día de baixa por continxencias comúns (enfermidade ou accidente non laboral)
  • Como xa saberedes este é o cadro dos descontos:
o      Entre o 1º e o 3º día de baixa, descontan o 50% de Retribucións Básicas e Complementarias.
o      Entre o 4º e o 20º día de baixa, descontan o 25% de Retribucións Básicas e Complementarias.
  •  Non farán o desconto nestas situacións:
o      Nas baixas de ata 3 días de duración, cun límite máximo de 4 días durante o ano natural.
o      (Previo informe dos Servicios Médicos) por: Hospitalización, Intervención cirúrxica, Radioterapia, Quimioterapia, Baixas na xestación, Risco no embarazo ou Risco na lactación. 

Grazas Sr. Presidente por penalizar ainda máis a enfermidade. Agardamos que os seus superpoderes nos protexan de todo mal, porque neste pais se enfermas non tes dereito nin á comida.