Curso dirixido a todos os empregados, tanto funcionarios como
laborais, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa
empresa desempeñando a súa actividade ao inicio e durante a súa impartición.
Prazo de inscrición
do 20 ao 27 de marzo
25.000 prazas e, unha vez cubertas estas, non é posible
inscribirse de aí que che recomendamos que se estás interesado que o fagas coa
maior celeridade posible.
Inscrición: dende conecta ou internet
Dende internet: http://formacion.correos.es/
Como inscribirte dende internet: unha vez que entras en
formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon
usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar
curso".
O curso terá unha duración de 1 semana, realizarase on-line dende un ordenador alleo a Correos e
fóra da xornada laboral.
Tras o proceso de inscrición, comunicarase por e-mail e SMS o comezo da formación. Recoméndase
revisar a dirección de correo persoal do apartado "a miña páxina" e
aceptar a modalidade de citación por SMS.
Expediente
Formativo
O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles
que completen a acción formativa e ademais recibirán unha compensación polo
custo da conexión a internet.