11 de xan. de 2013

ENTREVISTA PRESIDENTE DE CORREOS JAVIER CUESTA SOBOR O NOVO PLAN DE ACCIÓN 100 - 300 - 1500



O plan consiste basicamente nos seguintes puntos:
  • Correos investirán 500 millóns de euros que non os achega o estado senón que sairán da venda de locais e soares (empeza a venda do noso patrimonio).
  • Buscarase entrar no mercado chinés de paquetería (ou será ao revés, ao final a que nos compran os chineses?).
  • Crearanse dúas páxinas web unha para clientes e outra para Pymes e unha tarxeta de pagamento para clientes. 
  • E o mais sorprendente estúdase a posibilidade de que os carteiros rurais presten servizos de asistencia a anciáns ou a persoas con baixa mobilidade. Si liches ben!!! que será o seguinte facer ??? de empregad@ de fogar por horas???

Descoñecemos se isto último o dixo en broma, porque como chiste é moi bo, pero en todo caso lle dicimos sen ningún tipo de acritude nin xolda: Sr. Presidente, hai un vello refrán que di zapateiro aos teus zapatos, estamos nunha empresa que non presta formación aos carteiros eventuais, na que saen a reparto sen sequera saber que é unha notificación. Sexamos serios por Deus, cubra vostede as baixas por asuntos propios, enfermidade familiar etc, etc, elimine os recargos para prestar un bo servizo, dote de material e persoal ás Unidades de Urxentes para que poidan entregar a paquetería en prazo e deixemos dunha vez de perder clientes, pague os quilómetros aos rurais ao prezo real do combustible ou no seu defecto déalles vehículos da empresa, déixese de estudos nas carterías, de amortizar prazas, de quitar dereitos ós traballadores, de ningunear aos fixos descontinuos, preste formación aos eventuais, cre unhas bolsas de traballo claras, cun sistema de chamamento transparente e público e só entón poderemos crer que ten un plan real para esta empresa.