19 de dec. de 2012

Concentracións para este xoves día 20 de decembro

A Alianza Social Galega, na que esta  a CIG xunto a máis de 60 entidades, chama a cidadanía a concentrarse o 20 de decembro nas principais cidades e comarcas galegas

 ¡¡ Rexeita os novos recortes impostos polo PP ¡¡

As máis de 60 entidades que conforman a Alianza Socia Galega fan un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas para este xoves, día 20 de decembro, nas principais cidades e cabeceiras de comarca. Mobilizacións coas que se queren denunciar as políticas antisociais que está a adoptar o goberno do PP e entre as que salientaron a non revalorización das pensións, os recortes na sanidade e no ensino públicos e a contrarreforma ideolóxica que representan a LOMCE ou Lei de taxas xudiciais. Como parte das reivindicacións tamén estará a esixencia de reformar da normativa hipotecaria para pór fin ao drama dos desafiuzamentos e lograr a dación en pagamento.
Para máis información, para ver o manifesto e para saber os lugares e horas das concentracións PREME AQUÍ