26 de set. de 2012

A CIG convoca este venres concentracións en rexeitamento dos recortes previstos nos Orzamentos do Estado


A CIG ten convocadas concentracións de delegados/as en todas as comarcas para este venres, 28 de setembro, logo da aprobación do Anteproxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2013. Orzamentos que, baixo a escusa da austeridade e o control do déficit público, suporán un novo retallamento no gasto e investimento público, afectando aos servizos e prestacións e, polo tanto, afondando no recorte de dereitos e deterioro das condicións laborais e de vida da maioría social. Ademais, o Goberno de Mariano Rajoy ten previsto acompañar estes restritivos orzamentos cun Plan de Reformas que implicará, entre outras medidas, a “liberalización” de sectores públicos e a privatización de empresas como Renfe.
Horarios e lugares das concentracións: 

- A Coruña: ás 12:00 horas diante da Delegación do Goberno.
- Vigo: ás 11.00 horas na farola de Urzáiz.
- Ourense: ás 11.00 horas na Subdelegación do Goberno.
- Compostela: ás 12:00 horas na Praza da Paz (diante da Xunta).
- Ferrol: ás 12:00 horas diante do Concello.
- Lugo: ás 12:00 horas, diante do edificio multiusos da Xunta.