Miles de persoas, convocadas polas organizacións sindicais da área
pública, percorreron as rúas das cidades galegas, máis unha vez, para
manifestar o seu rotundo rexeitamento aos recortes laborais e salariais
decretados polo goberno Rajoy. Recortes que poñen en perigo servizos
públicos esenciais e que pretenden a súa privatización. As mobilizacións
remataron coa lectura dun manifesto conxunto no que se denuncia o uso
da crise, polos Gobernos de Galicia e do Estado Español, "para subtraer
recursos dos servizos esenciais" mentres "castiga co paro e a exclusión
social a miles de familias galegas"
Manifesto
en defensa dos Servizos Públicos e o Emprego Público prema aquí