Correos oferta 25.000
prazas para o Curso "COMO AFORRAR
ENERXÍA NO POSTO DE TRABALLO". O poderán realizar tanto funcionarios
coma persoal laboral que estean en activo ao inicio e durante o curso.
O curso terá unha duración de 1 semana, impartirase en
modalidade on-line a partir do mes de
setembro.
O prazo de inscrición é dende o 22 ao 29
de xuño a través do Campus virtual http://formacion.correos.es,
sendo remunerado coa compensación habitual por custos de conexión a Internet.
Unha vez rematado o proceso de
inscrición, Correos comunicará vía correo electrónico e sms, as
datas de realización do curso.
A formación realizarase a partir do mes
de setembro -recomendan aceptar a modalidade de citación por sms-.
O curso incluirase no expediente
formativo de todos os alumnos que completen a acción formativa.
Ante posibles dificultades técnicas
durante a inscrición e/ou realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao
Centro de Atención ao Estudante: centro.atencionestudiante@telefonica.es
SE DESENCHUFARAN A QUEN REALMENTE PRODUCE UN GASTO INNECESARIO QUEDARÍAMOS EN CORREOS TOTALMENTE SANEADOS ECONOMICAMENTE