Cursos de Formación para funcionarios do Instituto Nacional da Administración Pública para o segundo semestre do ano 2012
Estes cursos, son valorables
tanto na mobilidade interministerial coma na promoción interna da
Administración de Estado.
O 20 de xuño publicouse no BOE (núm. 147) a oferta de
Actividades Formativas do Instituto de Administracións Públicas que se
desenvolverán no segundo semestre de 2012.
- Formación en idiomas INGLÉS, FRANCÉS Y ALEMÁN, dirixida a funcionarios en
modalidade ON LINE, PRESENCIAL Y VIRTUAL.
- Formación en materias xerais de
xestión e administración, dirixidas a grupos e subgrupos A2, B, C1 e C2.
- Formación descentralizada específica
da administración local en modalidade presencial.
-Actividades formativas en material de
Administración Electrónica.
Para máis información e para facer as solicitudes entrade na páxina do INAP