A central convoca
unha folga de cinco horas (de 09:00 a 14:00 horas), marchas dende os
polígonos e unha manifestación ás 12:30 horas
Os voceiros da CIG de Ferrol compareceron
este martes en rolda de prensa para anunciar que a central nacionalista
vai realizar unha xornada de loita contra a "dramática situación"
económica e laboral que padece a comarca o vindeiro xoves 28 de xuño. A
xornada de loita incluirá a convocatoria dunha folga parcial, entre as
09:00 e ás 14:00 horas, marchas de traballadores/as dende os polígonos
de Río do Pozo e Vilar do Colo e unha manifestación central que
percorrerá as rúas de Ferrol a partir das 12:30 horas.
Para máis información Preme Aquí