... DIXOO EN
XENEBRA NA REUNIÓN MUNDIAL DE MAIL E EXPRESS
EUROPE
O PRESIDENTE DE CORREOS CRE QUE HAI QUE REDUCIR UN 25% DO
PERSOAL, TAMÉN SE LAMENTABA DE NON TER UNHA BANCA PROPIA E DA SÚA INTENCIÓN DE
POTENCIAR O NEGOCIO DA PAQUETERÍA
O presidente de Correos na súa intervención dixo que Correos segue sendo esencialmente unha empresa de manexo de
cartas, cunha das maiores proporcións dos seus ingresos derivados dos servizos
postais tradicionais que calquera outro operador europeo.
Informou
que correos recibe actualmente arredor do 85% dos seus ingresos postais; tendo
unha participación do 86% do mercado postal español e unha cota de
participación do 7,5% do mercado de paquetería nacional. As vendas diminuíron
un 8,9% no 2011 en comparación co ano anterior rexistrando unhas perdas de
164,4 millóns de euros. Os volumes de Correo reducíronse case un 25% dende o
ano 2007, nun país que xa ten un dos menores volumes de correo per cápita de
Europa, para este ano tense previsto que se perda un 5% máis.
Javier Cuesta dixo que a súa estratexia para a empresa era agora o
mellorar a eficiencia e reducir o 25% da plantilla, investir nos servizos de
paquetería e ramificar con novos servizos.
Configurar
Correos para incluír os novos servizos dixitais, os servizos de correo híbrido,
a capacidade de correo en liña como unha "oficina de correos virtual"
e o apoio ás empresas de comercio electrónico.
O presidente de Correos estaría a buscar e ofrecer máis
servizos financeiros e lamentouse de que Correos vendera o
seu negocio de banca postal (Caixa Postal) ao segundo banco máis grande de
España, BBVA, a finais de 1990.
"Temos algúns dos servizos financeiros agora en
colaboración con Deutsche
Bank, pero é unha presenza moi marxinal",
dixo Cuesta. "Pero, creo que
imos traballar sobre este tema no próximo ano. "
Cuesta dixo tamén que en España as duras leis nacionais de
protección de datos fixeron que o mercado do correo directo quede altamente
restrinxido.
“Non se pode facer moito acerca da lei de protección
de datos, pero unha base de datos con dirección a nivel nacional axudaría ao
correo directo, pero non estamos seguros de que o goberno a vaia
desenvolver".Enlace coa prensa: http://postandparcel.info/47805/news/companies/spains-correos-to-seek-growth-in-non-core-business-areas/