6 de xan. de 2012

E a revisión do prezo do carburante ¿para cando?


Correos e os sindicatos asinantes do III Convenio e Acordo Xeral (CCOO, CSI-F, UGT  e Sindicato Libre),  búrlanse deste colectivo incumprindo o pactado coa empresa, mantendo a boca pechada sobre este problema sen esixirlle a Correos que se sente a negociar conforme ao establecido no Acordo xeral que di textualmente:

“Coa finalidade de mellorar as condicións de traballo e de desenvolvemento profesional deste colectivo, as partes asinantes comprométense a analizar, dentro dos tres meses seguintes á entrada en vigor do III Convenio Colectivo e do presente Acordo, o custo que a evolución dos prezos do carburante tivo sobre o suplido percibido por este concepto e o sistema de determinación de cálculo e cobramento deste.

Xa levan seis meses e da revisión do prezo do combustible nada de nada, non nos cabe dúbida que só foi unha promesa electoral. Agora que xa non interesan os votos xa non se acordan dos carteiros rurais nin do prezo do carburante e as promesas que fixeron sen ningún tipo de pudor levóullelas o vento.

Dende a  CIG  seguiremos defendendo os dereitos destes compañeiros e reivindicando un prezo real para o combustible a pesar de Correos e os seus cómplices.