27 de nov. de 2026

OPORTUNIDADE DE ACCESO Á ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO: 14.373 PRAZAS CONVOCADAS.


Prazo de presentación de solicitudes aberto 

ata o 29 de decembro de 2026.


O BOE do 26 de novembro recolle a convocatoria dos procesos selectivos para o acceso a distintos corpos da Administración Xeral do Estado (AGE). Dende a CIG trasladámosche os datos fundamentais para que valores se encaixa co teu perfil profesional e coas túas expectativas de mobilidade ou promoción. 


Cota de reserva: Un 10 % do total das prazas resérvase para persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

PRAZOS E PROCEDEMENTO

Calendario: O prazo é de 20 días hábiles, dende o 27 de novembro de 2026 ata o 29 de decembro de 2026 (ambos incluídos).

Tramitación telemática: A solicitude preséntase exclusivamente por vía electrónica a través do servizo de Inscrición en Probas Selectivas (IPS) do Punto de Acceso Xeral https://ips.redsara.es/IPSC/secure/buscarConvocatorias, empregando o modelo 790 e aboando as correspondentes taxas de exame segundo as condicións fixadas na convocatoria.

QUE DEBES TER EN CONTA DESDE CORREOS
  • Persoal funcionario: Podes concorrer tanto á quenda libre como á promoción interna nos termos previstos para o persoal funcionario nas convocatorias da AGE. 
  • Persoal laboral: A participación diríxese ás prazas convocadas pola quenda libre.
Acompañamento sindical: Se tes dúbidas sobre requisitos, prazos ou como afecta á túa situación actual en Correos, ponte en contacto co teu local ou delegados/as da CIG.