O
desmantelamento de Correos continúa coa complicidade de CCOO, UGT e CSIF, que asinaron o Plan Estratéxico (xullo 2024) e o
Acordo Marco (31/12/2024). Estes pactos consolidan recortes, amortizacións e
precariedade, afogando ao persoal e degradando o servizo.
A
falta de contratación obriga en moitas unidades galegas a que cada traballador
asuma o traballo de dúas ou tres persoas.
En
reparto, as zonas quedan descubertas e acumúlase correo sen entregar.
En oficinas, os cadros minguan mentres medran a presión, o estrés e as colas da
cidadanía.
O
persoal eventual continúa sen estabilidade nin perspectivas, mentres a empresa
fala de “eficiencia”.
SERVIZO PÚBLICO EN COLAPSO
Os
atrasos, perdas e incumprimentos de prazos xa son habituais. Correos prioriza
as liñas comerciais privadas, abandonando a súa función social e poñendo en
risco o dereito da cidadanía a un servizo postal público e universal.
CCOO, UGT e CSIF avalan con sinatura un modelo que conduce á
privatización encuberta e á destrución de emprego público.
Mentres tanto, en Galicia fáltan mans e desaparece o servizo público.
A CIG NON CALA
A CIG Sector Correos esixe contratación inmediata e estable, reposición dos postos amortizados e reforzo de reparto e oficinas.
Correos
non pode seguir funcionando a base de recortes e precariedade!!
Sen
contratación, non hai servizo. Sen servizo, non hai futuro para Correos!!
